Wednesday 01 de May de 2024

Máis de 1.500 alumnos e alumnas asistiron ao auditorio a ver a obra Hugo


Esta semana pasaron polo Auditorio Gabriel García Márquez máis de 1500 alumnos e alumnas dos centros de ensino de Oleiros para ver a obra Hugo. Esta obra de Os Náufragos Teatro foi galardoada cos Premios María Casares 2022 como Mellor Espectáculo para a Infancia.

O Servizo de Normalización Lingüística programou esta obra para promover o uso da lingua e coma sempre, tratar outros temas como a necesidade de comunicarnos, a empatía e dar visibilidade a persoas con TEA, posto que este domingo 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación do Autismo.

Hugo é un espectáculo que mostra a vida dun rapaz que ten TEA, trastorno do espectro autista. Hugo é diferente e a través desta obra o alumnado reflexionou sobre a empatía, a beleza da diferenza e viu que ser diferentes fainos grandes. Todos os colexios de Oleiros que acudiron ao teatro levaron tamén a unidade didáctica da obra para seguir traballando na clase.